Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Volve o Concurso de Tapas de Mondoñedo

Por 19 Novembro, 2022Novembro 20th, 2022Sin comentarios

Volve un ano máis o Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, que este ano chega á décimo quinta edición, e está promovido pola Asociación de Comerciantes, Industriais e autónomos.

Este certame gastronómico celebrarase os próximos días 25, 26 e 27 e participarán unha ducia de locais de hostalaría mindonienses como son Cervecería Abadí, A Bodeguiña, O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, Amencer e Daira.

As tapas serán variadas e elaboradas con produto local e poderán degustarse o venres de 20.00 horas a 23.00; o sábado de 12.00 horas a 15.00 e de 20.00 horas a 23.00; o domingo de 12.00 horas a 15.00. Cada local presentará dúas tapas orixinais que terán un prezo de 3 euros por unidade.

Ao remate das xornadas de tapeo, decidiranse os premios á Mellor tapa tradicional, á Mellor tapa creativa e á Mellor tapa valorada polo público, que serán entregados no vindeiro mes.

Entre as votacións do público sortearanse agasallos para agradecer a súa colaboración. Serán elixidos sete gañadores.