Skip to main content
O Corgo

O Corgo celebra hoxe unha xornada repleta de cultura

Por 5 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello do Corgo, a través do Proxecto Corgoral, organiza hoxe unha xornada especial aberta a todos os públicos na biblioteca do Punto de Atención á Lectura, xunto ao Punto de Atención á Infancia.

Ás 17:30 comenzará a inauguración oficial da mostra temporal titulada Alfarería tradicional lucense: os obradoiros de Bonxe e Gundivós, a partir dunha escolma de pezas da colección particular de Manuel Fernández, Lolo da Vila. Permanecerá aberta na biblioteca durante os meses de Novembro e Decembro.

Ás 18.00 estrearase o Cinema do PALCO, coa proxección da película El Rey del Río, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón. Entre os seus protagonistas  figuran  actores tan coñecidos como Alfredo Landa, Carmen  Maura e Achero Mañas. A peculiaridade desta logametraxe está no feito de ter sido parcialmente rodada en diversas  localizacións do concello do Corgo, como o Palacio do Xeneral Tella, en Adai, ou o Pazo de Piñeiro, en Folgosa.

Posteriormente ás 20.00h a escritora Ánxela Gracián, con orixes familiares na parroquia corguesa de Queizán, presentará o seu libro de poemas Paisaxes de pan. Neste encontro poderase conversar con ela sobre o seu traballo como autora de numerosas obras de literatura infantil e xuvenil, tradutora e poeta. Todos os nenos e nenas presentes no acto serán agasallados cun libro.