Skip to main content
A Fonsagrada

O Concello da Fonsagrada organiza un concurso de decoración de Nadal

Por 26 Novembro, 2022Sin comentarios

Dende o Concello da Fonsagrada organizan a terceira edición do concurso de decoración de Nadal de fachadas e xardíns. Co obxectivo de ambientar as rúas do municipio e de promover a participación cidadá o Concello convoca a terceira edición deste concurso. 

A temática a desenvolver na decoración será exclusivamente relativa ás Festas de Nadal e os participantes terán plena liberdade en canto á técnica e estilo de decoración das súas fachadas e xardíns que deberá estar instalada e funcionando antes do día 15 de decembro.

A inscrición será gratuíta e haberá que enviar unha foto actual da decoración da fachada ou xardín ao correo electrónico fachadasfonsagrada@gmail.com. Ningunha das fotografías presentadas pode conter persoas. O prazo de envío será ata o día 15 de decembro de 2022. 

O día 7 de xaneiro as 3 primeiras fotografías con máis “Me gusta” terán un premio que consistirán nun diplomas para cada un e unha cantidade económica. Para o primeiro clasificado 150€,  o segundo recibirá 100€ e terceiro un premio de 50€.