Skip to main content
Lugo

Celébranse os IX Premio CogaVe ‘Crer no movemento veciñal’

Por 13 Novembro, 2022Sin comentarios

A Confederación Galega de Asociación Veciñais celebrou este sábado os IX Premios CogaVe Crer no movemento veciñal, un acto que acolleu o restaurante Manuel Manuel ao que asistiron autoridades e representantes do tecido asociativo, empresarial e social de toda Galicia.

Entre os asistentes o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou a importancia do movemento veciñal e destes recoñecementos que “representan o mellor do que somos e a súa labor, mostra do camiño do que queremos que sexa a sociedade galega. Un camiño de coidar e preocuparnos uns dos outros, como fan os bos veciños”.

“Dende a Deputación de Lugo cremos firmemente no movemento veciñal. Colaboramos dun xeito continuado e escoitamos sempre as súas propostas, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”, sinalou o mandatario provincial e destacou que contar cun movemento “dinámico e reivindicativo” é un dos mellores síntomas da boa saúde do tecido social.

Nesta edición foron premiados o xefe de Cardioloxía do HULA, Carlos González Juanatey, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués Pereira, pola provincia de Lugo. Tamén se galardoou á Alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto Viso; o Alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito; o político e activista ferrolano Rafael Pillado; o presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, e ao que fora Fiscal Superior de Galicia entre 2004 e 2015, Carlos Varela García.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto agradeceu o recoñecemento e fixo partícipe ao todo o departamento que representa, que xestiona axudas ás entidades veciñais para levar a cabo melloras nos seus locais sociais así como a adquisición de equipamento garantindo o seu funcionamento e o seu importante papel na dinamización da vida local. No acto estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Os restantes recoñecementos recaeron no Comedor Social de Cáritas Diocesana de Ourense, a Asociación Diabética Auria, a Fundación Meniños, Protección Civil de Ferrol e a Federación Gallega de Hermandade de Doantes de Sangue. O obxectivo de CoGaVe con estes galardóns é recoñecer o labor de persoas e entidades que promoven os valores do movemento veciñal.