Skip to main content
Lugo

A Xunta autoriza a remodelación da praza do Carme pero con condicións

Por 17 Novembro, 2022Novembro 18th, 2022Sin comentarios

A Xunta vén de autorizar o proxecto do Concello de Lugo para a  remodelación da praza do Carme e da rúa do Carme, se ben establece algúns condicionantes que tamén apuntou no seu informe o Consello Asesor do Camiño de Santiago.

Asi, a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural insta a minimizar todo o posible a pavimentación dura a modo de explanada na praza, recuperando elementos verdes e arboredo, especialmente no entorno inmediato da igrexa. Neste sentido, indica que deberá terse en conta non só a reforma do espazo en si, senón as características ambientais e históricas do conxunto, evitando unha reurbanización por supresión que conleve una modificación substancial do entorno da igrexa e dos espazos libres que a ela están asociados.

Dende o Concello lamentan que “tras seis meses de espera polo pronunciamento do ente autonómico, este chegue con condicións, sobre todo tendo en conta que a memoria técnica xa respectaba as indicacións que avanzara a Xunta no seu día, nun informe previo onde dera autorización ás obras inicialmente previstas e nas que xa se contemplaban – ao igual que noutras intervencións como foi a da Calzada da Ponte – a utilización de materiais e técnicas coherentes co encadre histórico e o valor patrimonial do ámbito”.

O Goberno municipal incidiu na importancia que esta intervención terá para a “rexeneración da contorna coa que a rexedora, Lara Méndez, pretende ennobrecer os accesos do Camiño Primitivo coa Muralla a través dunha plataforma única na que se integrarán a rúa, a praza, a Capela do Carme e o Museo co propósito de revalorizar a zona e incentivar ás e aos propietarios a rehabilitar os edificios”.

O Concello sinala tamén a necesidade de adxudicar canto antes a contratación dos traballos que se sufragarán con financiamento europeo “o que esixe a maior das dilixencias e axustarse aos prazos previstos para non perder os fondos concedidos, de aí o noso chamamento ao organismo autonómico en outubro para que non adiase máis a súa resolución”.

As actuacións realizarase baixo un control arqueolóxico continúo e a pé de obra, para establecer as medidas oportunas que permitan a conservación ou a documentación, de ser o caso, das evidencias ou elementos de interese arqueolóxico que poidan aparecer.

A zona obxecto de intervención sitúase no territorio histórico do Camiño Primitivo e contigua á Muralla, ambos elementos declarados Patrimonio da Humanidade; ademais, trátase dunha área de protección arqueolóxica e hai outros elementos protexidos como a igrexa do Carme.x