Skip to main content
Lugo

Unha actuación no Carril das Flores complementa a renovación do Camiño Primitivo

Por 21 Novembro, 2022Sin comentarios

Unha nova intervención no Carril das Flores, no treito próximo a San Eufrasio, da continuidade a renovación que se está a realizar do Camiño Primitivo. O tenente alcalde e responsable de Mobilidade, Rubén Arroxo, visitou xunto con Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas o lugar onde o Goberno de Lugo a través da concellería de Infraestruturas Urbanas está a intervir para mellorar a zona. “Trátase do treito final da rúa, ubicada xunto á rúa San Eufrasio, un dos treitos do Camiño Primitivo ubicados na entrada a Lugo”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “esta actuación da continuidade á renovación elaborada en todo o percorrido do camiño primitivo pola cidade, e creará unha área de convivencia veciñal cunha imaxe renovada e máis amable para as persoas”.

O Goberno de Lugo investiu 83.248€ nesta intervención, cuxos traballos consistiron na instalación dunha nova pavimentación, creando unha nova zona de preferencia peonil e unha zona verde, ademais de renovar a varanda da escaleira, mellorando a imaxe da zona.

“Esta actuación compleméntase con outras actuacións executadas co obxectivo de mellorar esta zona da cidade, como a rotonda de San Eufrasio, que acabou cun dos puntos negros máis perigosos da cidade, o plan de calmado de tráfico que se executou na zona da Chanca ou a instalación por parte da área de Cultura dunha serie de lendas sobre este barrio nas rúas”, explicou o concelleiro de Infraestruturas.