Skip to main content
Folgoso do Courel

O Concello de Folgoso do Courel adquire un camión con pluma e un punto limpo móbil

Por 21 Novembro, 2022Novembro 22nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel vén de adquirir un camión adaptado con pluma e un punto limpo móbil. Este último trasladarase polos diferentes núcleos de poboación do municipio, permitindo o depósito de determinados residuos que posteriormente serán derivados ó punto limpo.

Está previsto que o punto limpo móbil visite de maneira itinerante distintas parroquias do Concello. Nel poderán depositarse lámpadas e fluorescentes, envases de pinturas, disolventes e vernices, envases de fitosanitarios, aerosois, calzado, roupa, pequenos aparatos eléctricos, teléfonos móbiles, xoguetes, radiografías e cds, tóner e cartuchos de impresora e pilas e baterías.

O seu emprazamento e o período que permanecerá  en cada núcleo publicarase na páxina web, nas redes sociais do Concello e mediante bando informativo para informar a tódolos veciños e veciñas.

Tanto o camión como o punto limpo mercáronse con cargo ás axudas a entidades locais da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para o financiamento de actuación en materia de residuos de competencias municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.