Skip to main content
Monforte

O CF Monforte presenta a súa tempada 22/23

Por 2 Novembro, 2022Novembro 3rd, 2022Sin comentarios

O acto no que tivo lugar a presentación da tempada para este ano do CF Monforte tivo lugar no estadio municipal de fútbol Luís Bodegas.

Á presentación acudiron a primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán.

O CF Monforte comeza así a súa tempada 22/23 con nenos que van dende os 3 anos ata os 18. É un equipo que conta con escola de iniciación, fútbol federado e por suposto, monitores titulados.

Na presentación tiveron lugar varios sorteos entre os asistentes coma unha cea para dúas persoas no establecemento A Cantina dos Meus Avós, unha camiseta do club ou botellas de viño.