Skip to main content
Paradela

A escola de música da Banda de Paradela pon en marcha un coro

Por 8 Novembro, 2022Novembro 9th, 2022Sin comentarios

Dende a escola de música da Banda de Paradela, os seus membros veñen de poñer en marcha unha nova actividade: un coro de adultos para todo aquel que queira participar.

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha oportunidade para todos aqueles que queiran formar parte da banda e das aventuras e viaxes que esta poida brindar.

A agrupación conta cun novo profesor de coro, D. Jesús Álvarez, que se encargará de dirixilo e preparalo, así como de ofrecer as necesarias nocións de técnica vogal e formación musical básica para unha aprendizaxe integral e completa.

Os ensaios terán lugar os luns, en horario de 19.00 a 20.00 horas no edificio de correos e da escola de música (antiga casa do médico). Unha vez posto en marcha, colaborará coa banda para organizar concertos conxuntos ó longo do ano.

Para máis información ou dúbidas, pódese chamar ós teléfonos de contacto 626749793 (Marisol) ou 696942614 (Martín), ou pasar os luns (lectivos) pola tarde pola escola de música.

Outras actividades

Por outro lado e con motivo da celebración do día de Santa Icía o vindeiro domingo 20 de novembro, patroa da música, terá lugar unha xuntanza anual de socios e músicos da Banda de Música.

O lugar escollido é o Restaurante Río Loio, o xantar será ás 13.00 horas e unha vez finalizado o banquete, procederase coa presentación dos novos socios e os músicos da banda ofrecerán un mini concerto de celebración.

O prezo do banquete é de 25 euros (leva incluída a cota anual de socio).