Skip to main content
Sarria

A exposición fotográfica Inmarcesibles poderase visitar ata maña día 20 en Sarria

Por 19 Novembro, 2022Novembro 21st, 2022Sin comentarios

A exposición itinerante Inmarcesibles segue dispoñible ata maña 20 de novembro na Oficina Municipal de Turismo de Sarria (Antiga Prisión Preventiva) aberta a todo tipo de visitas en horario de 09.15 a 14.00 horas.

Da man da fotógrafa María Fernández, Inmarcesibles nos invita a reflexionar sobre a exclusión invisible que experimenta o sexo feminino cando falamos do seu físico.

É unha exposición que reflexiona acerca da exclusión que experimenta o corpo da muller porque nos ensinan que debe ser o máis parecido posible ó canon de beleza establecido, loitando para conseguir encaixar neses parámetros e rexeitándoo se non se logra.

Dita ensinanza é invisible porque non se transmite de forma directa senón que é silenciosa e sutil, maquillándose baixo a premisa de que a muller debe ser libre e ha de estar preocupada por unha axeitada saúde física e mental.

Para conseguir este obxectivo, Inmarcesibles conta coa participación libre de diversas mulleres que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación.

Impulsada dende Servizos Sociais do Concello de Sober co financiamento do Ministerio de Igualdade, este foi un proxecto elaborado por medio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, polo que se pretende realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal e como é e non como pretenden que sexa.