Skip to main content
CospeitoLugo

Lugo homenaxeará a Darío Xohán Cabana cunha escultura

Por 9 Novembro, 2022Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo vén de manter unha xuntanza con familiares de Darío Xohán Cabana “de cara a organizar unha homenaxe a Darío para recoñecer e divulgar a súa obra”.

A concelleira de Cultura explicou que “Darío Xohán Cabana foi unha das persoas máis relevantes na defensa da lingua e da cultura galegas”, e engadiu, “Lugo débelle a Darío un agradecemento pola súa implicación e pola importancia que a súa obra tivo para Lugo e para Galiza”.

A área de Cultura está a traballar co artista Caxigueiro, que realizará un conxulto escultórico sobre o poeta, que se ubicará no paseo final da praza da Mosqueira. A obra de Caxigueiro contará con versos do poeta escollidos pola familia. Ademais, Maite Ferreiro afirmou que o treito final da Mosqueira, próximo ao cruce con San Roque, “será coñecido como Paseo Darío Xohán Cabana”.

Maite Ferreiro afirmou que “con estas accións, Lugo lembrará a Darío, un dos seus máis relevantes veciños, un artista, un académico, un magnífico escritor e tradutor e un gran compañeiro para todas aquelas persoas que tiveron a sorte de poder traballar con el”.

“Darío traballou máis de 30 anos na área de Cultura, axudando encher de actividade todos os recunchos da súa cidade”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “foi un orgullo para este Concello contar coa súa experiencia, sabiduría e bonhomía”