Skip to main content
Cospeito

Cousas Nosas de Cospeito organiza unha viaxe a Vigo

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

A asociación de Mulleres Rurais de Cospeito Cousas Nosas organiza unha excursión a Vilanova de Arousa e Vigo o próximo 3 de decembro.

Esta arrancará ás 8.00 horas diante do Concello para acudir duranta a mañá á localidade arousana, onde visitarán o Mercado de Nadal.

Tralo xantar, previsto para as 14.00 horas, visitarán Vigo ata a hora do acendido do alumeado.

A excursión terá un prezo de 40 euros para socias e 45 para as non socias e inclúe o almorzo, o xantar e o autocar. A data límite para inscribirse é o 28 de novembro.