Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz presenta o plan para mellorar a implantación dos ODS

Por 20 Novembro, 2022Novembro 21st, 2022Sin comentarios

O acto terá lugar de 16:30 a 18 horas na Casa Habanera e para participar é necesario anotarse previamente.

O Concello de Guitiriz celebrará o próximo xoves, 24 de novembro, de 16:30 a 18 horas na Casa Habanera unha xornada para presentar o plan que permitirá mellorar a implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) no municipio.

O goberno local continúa así coa súa folla de ruta para lograr unha implantación exitosa da Axenda 2030 no municipio.  Na primeira parte do fíxose unha análise do cumprimento dos ODS por parte do Concello e agora o obxectivo é elaborar un plan para mellorar nese sentido.

Así, na xornada do xoves presentarase ese plan estratéxico, que inclúe propostas para acadar os ODS, e avaliarase a nivel grupal para ver as súas posibilidades e a súa viabilidade.

O Concello está a invitar ao público en xeral e ao tecido asociativo do municipio. Para asistir é necesario anotarse previamente neste enlace  ou a través do código QR do cartel.