Skip to main content
Vilalba

Realizan labores de rebacheo en diferentes camiños da parroquia vilalbesa de Goiriz

Por 12 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba realiza estes días labores de rebacheo na parroquia de Goiriz, en concreto en varios viais dos núcleos de Orbazán, Lagüela e Reguengo.

O concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, e a tenente de alcalde Marta Rouco estiveron hoxe na parroquia supervisando os traballos.

As tareas de rebacheo continuarán nos próximos días noutros camiños da parroquia de Goiriz, en núcleos como Reboiros e Liñares, entre outros.

Estas actuacións son froito dun acordo de colaboración entre o Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo.