Skip to main content
Vilalba

O BNG de Vilalba propón unha planificación da roza de pistas e vías

Por 14 Novembro, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba presentou unha proposta ante o goberno municipal para que se habilite unha planificación rigorosa da roza das pistas e vías municipais durante todo o ano.

Lugares como Sancovade, Mourence, a estrada que comunica a vila co polígono industrial ou os arredores da praia fluvial, son exemplos onde a limpeza dos viais foi nula. Esta circusntancia está a provocar moita inseguridade ás viandantes, tanto a pé como en vehículo, xa que supón un gran obstáculo ao circular.

A responsábel local do BNG en Vilalba, Mónica García, explicou que xa é habitual ver como a maleza invade as vías e pistas “Ano tras ano a maleza invade as vias e pistas porque non existe unha planificación anual que manteña a súa limpeza duarante todo o ano; un goberno municipal non pode actuar coa improvisación”

Do mesmo xeito, a responsábel local destacou que o goberno municipal está a desenvolver este traballo de forma insuficiente “non se pode permitir esta deixadez e tampouco que cando se fan estes traballos, en contadas ocasións, se fagan de présa e correndo, desbrozando só medio metro da cuneta e moi alto”

Ante todo isto, Mónica García salientou que o BNG vai seguir impulsando propostas e demandas para mellorar a calidade de vida da veciñanza “o BNG continúa a pé de rúa con propostas e iniciativas que melloren o noso concello, por que en Vilalba queda moito facer e moito por gañar” concluíu.