Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Tres bronces para a loita vilalbesa no torneo de Gijón

Por 15 Novembro, 2022Sin comentarios

Un grupo de loitadores vilalbeses participou esta fin de semana no Torneo Villa de Gijón formando parte da Selección Galega, que acadou o bronce por equipos.

Na categoría o Club de Loita de Vilalba estivo representado por Bruno Pintos, Aldán Balbona e Héctor Somoza en menos de 45 kg, categoría na que este último se fixo co bronce. Tamén contou con Enrique Seoane en menos de 60 kg, que tamén ocupou o terceiro posto.

Na categoría escolar participou Boris Reshetniak, que tamén acadou o bronce en menos de 57 kg. A participación dos deportistas vilalbeses foi moi meritoria ao loitar todos eles nunha categoría de idade superior á súa, malia que a diferenza de idade foi evidente, todos eles fixeron unha gran actuación, incluso subiron ao podio.

Ao equipo vilalbés acompañouno Arkadi Ilemetov, recoñecido e condecorado adestrador ucraniano que chegou a Vilalba coa súa familia como refuxiados da guerra e que se atopa colaborando coa escola vilalbesa. Ilemetov ten 30 anos de experiencia como adestrador profesional en Ucrania e ademáis de contar con varias deportistas medallistas europeas foi campión do Mundo de Veteranos no 2019.