Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Serra da Carba organiza este sábado unha xornada apícola

Por 22 Novembro, 2022Sin comentarios

A asociación de apicultores Serra da Carba de Vilalba organiza este sábado, 26 de novembro, unha nova xornada sobre apicultura, que acada súa cuarta edición.

Esta sesión terá lugar pola mañá dividida en dúas sesións que se desenvolverán na escola da Pedragosa, en San Simón da Costa. Ás 10.30 horas haberá unha cata de meles locais e ás 11.30 horas haberá unha charla coloquio sobre a crise global dende o medio rural. Estarán presentes Andrés Castro, do Sindicato Labrego Galego, e Marcos Besada, da asociación agroecolóxica A Estruga.