Skip to main content
Vilalba

O GDR fará o luns unha reunión para falar do Plan Leader do 2023-2027

Por 26 Novembro, 2022Sin comentarios

O Grupo de Desenvolvemento Rural da Terra Chá GDR-2, organiza este luns, 28 de novembro, unha reunión informativa para elaborar a estratexia para o Plan Leader no período 2023-2027.

Esta reunión está prevista cos distintas axentes da comarca e fundamentarase en debater sobre as riquezas que aporta a comarca e as necesidades que ten na actualidade.

A reunión está prevista ás 19.00 horas no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba de forma presencial, pero tamén poderá seguirse a través de Zoom neste enlace. Tamén poderán participar, de forma individual, as persoas que o desexen. Para iso serán necesario anotarse no correo gdr2norunal@gmail.com ou no teléfono 672 063 331.