Skip to main content
Barreiros

Barreiros presenta unha programación de Nadal variada para que a veciñanza

Por 5 Decembro, 2022Decembro 6th, 2022Sin comentarios

Barreiros presenta unha programación de Nadal variada para que a veciñanza poda desfrutar de distintas actividades e con opción para toda a familia.

Así, o domingo 11 haberá un Mercadiño de Nadal na praza do Concello con actuacións e obradoiros, e continuará o sábado 17 coa visita do Apalpador, organizada polo colectivo Ollomao. Xa o domingo 18 será o Cross As Valgas pola mañá e a Xornada de convivencia equipo biberón EEDD pola tarde.

O sábado 24 ás 19.00 horas será a recepción de Papá Noel na praza do Concello e xa en xaneiro, o día 2, os pequenos do Concello poderán visitar Xuvenlugo de 16.30 a 20.30 horas.

O xoves 5 de xaneiro os Reis Magos visitarán ás parroquias do Concello pola mañá e estarán na praza do Concello pola tarde. E o sábado 7 o coro Airiños do Mar actuará no centro sociocultural ás 19.00 horas.

Tamén haberá tempo para o deporte na xornada do domingo 8 de xaneiro, na que se poderá desfrutar da Carreira e andaina solidaria de Reis pola mañá.