Skip to main content
Alfoz

Aberto o prazo para o Nadal na Biblioteca de Alfoz

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

Aberto o prazo de inscrición para as actividades de Nadal na biblioteca de Alfoz. O prazo é do 19 ao 23 de decembro e deberán entregarse as solicitudes na Oficina de Rexistro do Concello, onde tamén estarán dispoñibles para cubrir polos interesados. 

A actividade Nadal na Biblioteca será os días 28, 29, e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro. Está dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Poderase desfrutar delas en horario de 17.00 a 19.00 horas e levaranse a cabo distintas propostas lúdicas para os máis pequenos como obradoiros creativos, xogos, xincanas, animación á lectura,…

Toda a información estará dispoñible na web municipal ou no teléfono 982 558 001 (extensión 2).