Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo reclama o mantemento das fontes da vila e das parroquias

Por 8 Decembro, 2022Sin comentarios

O grupo municipal popular de Ribadeo levará a pleno unha petición para o mantemento das fontes da vila e das parroquias ante a situación de total abandono na que se atopan. 

A popular Montse Seijo, coordinadora do rural, explica que “levamos reclamando durante toda a lexislatura a rehabilitación de espazos públicos, concretamente as fontes. Moitas delas nin se sabe si están porque están engulidas pola maleza e outras so é cuestión de tempo que a herba medre e mitad delas non funcionan”. 

Neste sentido, Seijoo resalta que moitas destas fontes foron rehabilitadas por fondos dos obradoiros da Xunta de Galicia, é dicir, “co diñeiro de todos”. Por iso, aos populares lles preocupa que a rehabilitación que se fixo desde a administración autonómica non é efectiva se non hai un mantemento ou conservación das fontes.

PETICIÓNS REITERADAS

Desde o grupo popular non entenden o desgoberno absoluto do BNG que “nin xestiona nin traballa polos veciños de Ribadeo”: Por iso, a vicevoceira, Elena Sierra destaca que os populares seguirán insistindo e levando as veces que faga falta a pleno esta petición de arranxo e mantemento das fontes. “É hora de que este goberno esperte dunha vez e non espere a arranxar todo, dous días antes das eleccións”, engade Elena Sierra