Skip to main content
Ribadeo

O alcalde de Ribadeo podería anunciar que deixa a política local

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Ribadeo vén de convocar aos medios de comunicación a unha rolda prensa hoxe, 17 de decembro, ás 13.00 horas no Parador de Turismo de Ribadeo.

Segundo diversas fontes, esta rolda de prensa, á que acudirá o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, servirá para comunicar a súa decisión de cesar no seu cargo como rexedor municipal ao final da lexislatura e non volver presentarse.

Os rumores de dimisión como alcalde de Ribadeo xa se plantexaron noutras ocasións na organización do BNG, pero nesta ocasión parece que serán definitivos.

Enquisas recentes danlle unha baixada de puntos para as vindeiras eleccións de maio 2023, o que, sumado a que noutras ocasións estivera a punto de non presentarse como alcaldable, en parte tamén influenciado polas súas discrepancias coa corrente maioritaria do BNG, que é a UPG, Unión do Povo Galego, podería ser o motivo polo que presentaría a súa renuncia.

Tamén de descoñece si porá fin á súa traxectoria política ou se regresará á súa praza na administración pública de Vegadeo.

Fernando Suárez é alcalde do Concello de Ribadeo dende o ano 2007, cando sucedeu a Balbino Pérez, do PSOE. Obtivo coa súa formación un 30,77% dos votos totais nas eleccións municipais celebradas ese ano, sendo a forza política máis votada e ocupando catro escanos no Concello (sobre 13), cos que formou grupo de Goberno.

No 2011 revalidou o seu cargo con maioría absoluta (7 escanos de 13 ata 2015, 10 de 17 de 2015 a 2019, 7 de 13 de 2019 en diante).