Skip to main content
Axenda CaducadaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

A parroquia de Órrea celebra a fin de semana as Festas da Cocha

Por 27 Decembro, 2022Sin comentarios

A localidade riotortense de Órrea celebra este venres e sábado as coñecidas Festas da Cocha, que poñen fin ao ano.

As celebracións darán comezo o 30 coa verbena a cargo do dúo Dilema, que será a partir das 23.00 horas. A media noite, terá lugar unha chocolatada.

Completaranse as celebracións ao día seguinte cunha misa ás 13.00 horas na honra a Santa Comba e San Silvestre para rematar cunha sesión vermú na que volverá estar o dúo Dilema.