Skip to main content
A Fonsagrada

Mañá abre o prazo de inscrición para a San Silvestre da Fonsagrada

Por 11 Decembro, 2022Decembro 12th, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada, dende a Concellería de Deportes, organiza o vindeiro 31 de decembro a carreira popular San Silvestre.

A carreira que dará comezo ás 18.00 será apta para todos os públicos e contará cunha distancia de 3km para os adultos e de 1,5km para os nenos e nenas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o luns 12 de decembro nas oficinas do Concello cun prezo de 1€. Todo o recadado irá destinado a Asociación Española contra o Cancro.

Dende a organización rogan acudir con algunha caracterización do Nadal.