Skip to main content
A Fonsagrada

O Gordo de Nadal enche A Fonsagrada de millóns

Por 22 Decembro, 2022Sin comentarios

O Gordo da Lotería de Nadal, que este ano corresponde ao número 05.490 e foi moi vendido na Fonsagrada.

A loteira, Otilia Díaz, da administración situada na avenida de Galicia, vendeu 45 series, décimo a décimo e non devolveu ningún. Estímase que na localidade da montaña caen 180 millóns de euros.

Valorado en 4 millóns de euros á serie e 400.000 euros o décimo, foi repartido en toda a xeografía española.

O Gordo tamén foi vendido nas localidades de Almería, Bilbao, Fonsagrada, Sevilla, Vizcaya, Las Rozas, Barberà del Vallès, Barcelona, l’Hospitalet de Llobregat, Platja d’Aro Sant Vicenç de Castellet, Rubí, Torrevella, Castelló de la Plana e no Teatro Real de Madrid.

O segundo premio foi o 4.074, o terceiro para o 45.250 e os cuartos premios recaeron no número 54.289 e no 25.296 .  Os oito números agraciados cos quintos premios son: 62.391, 43.696, 88.509,  38.454,  24.492,  79.138,  36.142 e 87.092