Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental organiza un concurso de decoración de Nadal

Por 14 Decembro, 2022Sin comentarios

Lugo Monumental convoca un concurso de escaparatismo do Nadal no centro histórico entre os seus asociados coa finalidade de colaborar na decoración festiva do centro de Lugo.

Poderán participar os asociados que estean ao día das súas cotas e deberán enviar unha fotografía do escaparate ao correo asociacion@lugomonumental.es indicando o seu desexo de participar. Tomaranse en consideración os escaparates instalados entre o xoves 15 de decembro e o domingo 8 de xaneiro.

A asociación establece tres premios, todos eles consistentes en importes a gastar en establecementos asociados que serán de 300€ o primeir premio 200€ o segundo e 100€ o terceiro.

En colaboración coa Asociación de Belenistas de Lugo, que tradicionalmente fai un gran concurso destes tradicionais elementos do Nadal, estableceuse un premio espacial ao mellor Belén en calquera establecemento do centro histórico (sexa ou non asociado a Lugo Monumental) de 200 euros nun único premio, que outorgará o xurado da propia Asociación de Belenistas.