Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A Sociedade Micolóxica Lucus presenta o novo número da súa revista

Por 15 Decembro, 2022Sin comentarios

A Sociedade Micolóxica Lucus presenta o número 9 da súa Revista Micolucus que terá lugar o vindeiro venres día 16 ás 20:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo, coa colaboración da Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.

Micolucus é unha publicación anual que contén artigos científicos e divulgativos sobre micoloxía e diversas disciplinas relacionadas coa natureza e o medio ambiente.

Neste acto contarase coa presenza dalgúns autores, que presentarán os seus artigos ao público asistente e neste novo número preséntanse diversos traballos científicos e divulgativos no eido da micoloxía, a botánica ou a liquenoloxía, tamén estudos sobre a produción de cogomelos silvestres e a recuperación de soutos de castiñeiros na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.

A Deputación de Lugo, a Reserva da Biosfera Terras do Miño e a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses patrocinan esta publicación e entregarase un exemplar da Revista a todos os asistentes. A entrada é libre e gratuíta