Skip to main content
Lugo

A Fundación Rof Codina impulsa a formación especializada a través dun Vir

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

A Fundación Rof Codina impulsa a dixitalización da historia clínica dos animais, así como a formación especializada en todos os hospitais veterinarios universitarios de España a través da través dun VIR, segundo indicou este o xerente da Fundación Rof Codina, Xavier Ferreira, na xuntanza de traballo da Asociación de Hospitais Veterinarios de España (HVU), un foro inaugurado polo reitor da USC, Antonio López, no lugués Pazo de Montenegro, onde se deron cita os responsables dos trece hospitais veterinarios universitarios de España.

A xuntanza da Asociación de Hospitais Veterinarios Universitarios de España promovida pola Fundación Rof Codina pretende revitalizar os cometidos dunha entidade agromada no campus lugués hai xa máis de dúas décadas, pero cuxo nivel de actividade caeu sensiblemente nos últimos anos, segundo indicou Ferreira.

A presentación do actual director veterinarios do hospital Rof Codina, o profesor Antonio González Cantalpiedra, como candidato para asumir a presidencia da HVU constitúe unha das primeiras iniciativas impulsadas desde a USC e nomeadamente, a través da Fundación Rof Codina, para a posta en valor da Asociación de Hospitais Veterianos Universitarios de España, salientou Xavier Ferreira, quen tamén avanzou a inminente posta en marcha dun programa de formación clínica especializada, a xeito de VIR, no Hospital Veterinario Rof Codina. “Trátase dun título propio da USC que cremos que podemos estender a outros hospitais, ademais de trasladar ao Ministerio Universidades a pertinencia de tal especialización”.

Alén de abundar sobre a necesidade de potenciar a formación clínica especializada dos novos titulados en Veterinaria e de ampliar o labor de I+D que se desenvolve nos hospitais veterinarios universitarios de España, os participantes na reunión da HVU celebrada en Lugo debateron tamén cuestións orientadas a optimizar as fórmulas de xestión destes centros de formación e investigacion universitaria.

As propostas trasladadas desde a Fundación Rof Codina aos responsables dos hospitais veterinarios universitarios españois representados na HVE responden a proxectos moi ambiciosos que requiren de importante financiamento, indicou Ferreira, para logo avanzar a súa disposición a iniciar xestións para tratar de recabar fondos Next Generation para tal cometido.

Sesión inaugural 

A sesión inaugural da reunión da Asociación de Hospitais Veterinarios Universtiarios de España, un acto presidido polo reitor Antonio López, e no que tamén participaron, en calidade da patronos da Fundación Rof Codina, a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, así como xefe territorial en Lugo da Consellería de Presidencia, Gerardo Criado, e o deputado provincial Roberto García, puxo de manifesto a importancia da profesión e da clínica veterinaria na actividade social, económica e produtiva da provincia de Lugo.

“A Facultade de Veterinaria de Lugo e o o seu hospital Rof Codina son dous centros de referencia no plano nacional e incluso internacional, tal e como o refrenda a renovación da acreditación por parte da EAEVE”, sinalou o reitor Antonio López, quen tamén salientou a importancia deste centro para a máis recente aprobación do campus de especialización Campus Terra, por parte da Xunta de Galicia, na sede universitaria luguesa.

O xefe territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia en Lugo, Gerardo Criado calificou o labor que desenvolven os profesionais veterinrios de “esencial” para a sociedade, unha consideración á que a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, engadiu “o enorme impacto social e económico que ten na provincia de Lugo a Facultade de Veterinaria e o Campus Terra”. Estes beneficios que reporta a USC para a provincia e para a cidadanía de Lugo xustifican a importante e continuado apoio da Deputación Provincial á institución académica, concluíu o deputado Roberto García.

Benvida á Asociación de Hospitais Veterinarios Universitarios de España

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou no acto de benvida aos profesionais que participaron nas xornadas de traballo da Asociación de Hospitais Veterinarios Universitarios de España (AHVUE). Este encontro anual convócao a Fundación Rof Codina da USC, sendo a institución provincial parte do seu padroado.

Na sesión de apertura, o Presidente desexoulles aos participantes unha feliz estancia na cidade de Lugo e na provincia e dixo estar convencido que “esta reunión de traballo permitirá obter importantes conclusións no terreo da veterinaria, que é o mesmo que dicir que serán importantes para o conxunto da sociedade”. Ao acto tamén asistiron outras autoridades como a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o reitor da USC, Antonio López; ou o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, entre outros.