Skip to main content
Lugo

A Domus do Mitreo acolle unha programación especial de Nadal

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

O Museo Universitario A Domus do Mitreo ofrece do 27 ao 30 de decembro obradoiros de arqueoloxía experimental e visitas guiadas especiais á exposición permanente con percorridos temáticos abertas á participación de todo o público interesado, no marco do programa Un Nadal na Domus.

Estas actividades complementarias, cuxo número de participantes está limitado a un máximo de 15 persoas, desenvolveranse en quenda de mañá e son de carácter gratuíto coa entrada ao museo. As inscricións poden facerse a través do enderezo de correo electrónico mitreo.lugo@galipat.es.

O obradoiro de arqueoloxía experimental Cociñando na Saturnalia!  abre o martes 27 de decembro, ás 12.00 horas, a programación de Un Nadal na Domus. Esta actividade, orientada ao público máis cativo e que se repetirá os días 28 e 29 de decembro, permitirá ao público incrito rememorar a festividade das Saturnais. Daquela, este obradoiro ofrece a posibilidade de viaxar ao Lugo romano a través da elaboración de diversos platos e receitas gastronómicas que relican a comida romana típica dun festín.

O programa Dende o solsticio ofrece os días 29 e 30 de novembro, a partir das 12.00 horas, visitas guiadas especiais pensadas para descubrir de primeira man a historia e as festividades na antiga Roma. A través destes itinerarios, o público poderá descubrir moitos dos segredos que agocha a Domus do Mitreo, ademais de familiarizarse coas celebracións que antecederon o noso Nadal.