Skip to main content
Lugo

O PP pide o arranxo e humanización da Praza Maior

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

O Grupo Popular critica o mal estado da Praza Maior e “esixe melloras e a súa humanización pola deteriorada imaxe que presenta”.

Desde o PP “xa se pediu en varias ocasións o arranxo e humanización, sobre todo da zona central da Praza Maior, petición sempre desatendida por parte do goberno local”.

“Unha necesidade que se fai patente cunha simple ollada á praza, pero sobre  todo tendo en conta que xa se produciron varias caídas por tropezónscoas fochancas, incluso nalgún caso supuxeron indemnizacións por responsabilidade patrimonial, sendo un dos casos máis curiosos o dunha mascota que rompeu unha pata”, sinalan.

Ante esta situación, desde o Grupo Municipal Popular esixen “o seu arranxo xa que se trata dun dos principais puntos de encontro para os lucenses ademais de ser un dos grandes reclamos para os turistas que chegan á cidade e ser zona de paso para os peregrinos que realizan o Camiño Primitivo”.