Skip to main content
A Pobra do BrollónFolgoso do CourelO IncioSamos

Xa se pode participar no sorteo fotográfico do Belén da Mesa dos Catro Cabaleiros

Por 14 Decembro, 2022Sin comentarios

A Mesa dos Catro Cabaleiros volve ser a protagonista do Nadal grazas a un belén elaborado por Pepe da Fonte e Marisa Freire en que as figuriñas do portal parece que tomen vida.

Como xa se fixera anos atrás, toda persoa que se achegue a este lugar emblemático, saque unha foto onde se vexa á persoa e o Belén e a comparta, participará no sorteo dun xamón.

Esta iniciativa nace como proposta para promover que se coñeza este punto en que se unen catro concellos lucenses: O Incio, Samos, Folgoso do Courel e a Pobra do Brollón e onde se poden desfrutar dunhas vistas espectaculares.

As fotos deberán enviarse o enderezo electrónico: acandea@mundo-r.com ou compartilas por Facebook etiquetando a Evaristo Méndez Vila e a cada participante seralle asínado un número co que participa no sorteo do xamón.

O prazo de envío das fotos remata o día 6 de xaneiro de 2023 ás 24.00 horas e o sorteo será o día 7 ás 20 horas.