Skip to main content
Monforte

Monforte celebra un concerto para bebés

Por 26 Decembro, 2022Xaneiro 12th, 2023Sin comentarios

Un concerto para bebés baixo o título ‘Son de Berce’ será unha das novidosas actividades que organiza o Concello de Monforte para o martes dentro da programación de Nadal.

A actuación, que está dirixida a bebés de 0 a 3 anos, correrá a cargo de Cristina Collazo (A Cova das Letras) e celebrarase o martes 27 decembro, con dúas sesións, ás 17.00 e 17.30 horas no Edificio Multiusos.

Esta actividade organizada polo Concello de Monforte, e está incluída dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia de 2022, no programa “Nadal na Rede”.

É un espectáculo gratuíto, pero para participar nel haberá que inscribirse previamente no 982 404 404.