Skip to main content
Sarria

Alumnado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria analiza a calidade do aire

Por 20 Decembro, 2022Decembro 28th, 2022Sin comentarios

A calidade do aire en Sarria é motivo de estudo para os estudantes do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria,  que están a realizar unha análise mediante a colocación de tubos de mostra polas rúas do Concello.

En colaboración colaboración do Concello, alumnos do Proxecto Competencial percorreron distintas zonas de Sarria colocando tubos de mostras en puntos estratéxicos previamente seleccionados.

O estudo, baseado na metodoloxía aprendizaxe-servizo e que tamén forma parte do Club de Ciencia, utiliza unha aplicación móbil de soporte requirindo dun rigoroso protocolo de actuación.

Dentro dun mes, o alumnado recollerá os tubos serán e pasarase á seguinte fase do estudo que ten por finalidade analizar a calidade do aire de Sarria.