Skip to main content
Begonte

Comeza en Begonte outra campaña solidaria de recollida de alimentos

Por 1 Decembro, 2022Sin comentarios

Begonte realizará un ano máis a súa habitual campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello este Nadal co que se pretende cubrir as necesidades que sofren as familias da contorna.

Deste xeito estanse a recoller todo tipo de alimentos non perecedoiros, en especial doces navideños, latas de conserva, aceites, leite, legumes, arroz, etc.

O punto de recollida está situado na casa consistorial, situada na praza irmáns Souto Montenegro, entre as 9.00 e as 14.30 horas.

A data límite será o 16 de decembro.