Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Castro propón o arranxo na estrada LU-113 nos orzamentos da Xunta

Por 8 Decembro, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego impulsará no Parlamento galego o arranxo da estrada LU-113, en concreto a súa conexión coa N-540 á altura de Rozas. Esta actuación inclúese dentro das emendas do BNG aos orzamentos da Xunta de Galiza para o exercicio do 2023.

Digna Lagarón, concelleira do BNG en Castro de Rei, declarou “esta estrada é a principal vía de conexión coa cidade de Lugo e vertebra a parte sul do noso concello, co que é fundamental garantir a seguridade”

Neste senso, a concelleira destacou o mal estado do acceso do vial “na altura de Rozas, quilómetro 0 da LU-113, o firme está totalmente deteriorado, facendo difícil a circulación e supoñendo un perigo grave sobre todo cando chove”

Por todo isto, Digna Lagarón sinalou “non é normal a pasividade da Xunta no mantemento da estrada, mais tamén a inacción do goberno municipal, por isto desde o BNG impulsamos este arranxo a través das emendas dos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano para solucionar esta deficiencia”