Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Francisco Balado, reelixido presidente do PP de Castro de Rei,

Por 18 Decembro, 2022Sin comentarios

O reelixido presidente popular destacou especialmente “a unidade do partido a nivel local” e puxo en valor o feito de que “entre a militancia e o electorado, en xeral, vexo un comportamento homoxéneo no apoio ao PP”.

Francisco Balado seguirá ao fronte do PP de Castro de Rei despois de ser elixido de novo como presidente, no congreso local celebrado polo partido. Balado, alcalde de Castro de Rei, é presidente local do Partido Popular dende o 2014.

Nesta ocasión, a directiva popular saída do congreso está formada, baixo a presidencia de Balado, por Roberto Lorenzo Fernández, Víctor Carrera Puente, Laura Campo Fernández, María Josefa López López, José Rielo Losada, José Luis García Barja, Marisol Gigán Díaz, María  Edita Sinde Basanta, Óscar Iravedra Portela, Mónica Begoña González Cabana, Maximino Trigo Lage, Josefa Mouriz Teijeiro, Ana Isabel Morandeira López e Pablo Prieto González. Ao congreso asistiron representantes da dirección provincial do partido, entre eles o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro.

Balado, xa reelixido presidente local do PP, mostrou a súa satisfacción pola lista coa que dirixirá o partido nos próximos anos. Definiuna como “unha lista de xente traballadora, de xente de a pé, que cre nos principios que inspiran ao Partido Popular e no seu proxecto político, en todos os ámbitos e sinaladamente no local”. Igualmente, indicou que “é unha lista que demostra que en Castro de Rei hai partido e un proxecto político sólido”.

Francisco Balado destacou “a unidade do partido a nivel local”. Mostrouse convencido de que “estamos preparados para concorrer ás próximas eleccións”. Engadiu: “Entre a militancia, e o electorado, en xeral, vexo un comportamento homoxéneo no apoio ao PP”.

Dende a directiva provincial destacouse a boa saúde da que goza o PP en Castro de Rei, da que a mellor mostra é a súa unidade. Os responsables provinciais resaltaron igualmente a xestión do goberno municipal, presidido por Balado, que se traduce nunha continua mellora das infraestruturas e dos servizos dos que desfrutan os veciños deste municipio.