Skip to main content
Muras

Arranxada en Muras a ponte que une Samil e Lousada

Por 7 Decembro, 2022Decembro 8th, 2022Sin comentarios

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, anunciou o final dos traballos de reparación da pontiga de Samil a Lousada, unha tarefa que se levou a cabo cos cartos municipais.

Esta ponte sufrira o ataque duns vándalos e quedara totalmente cortada polo que tiveron que volver a unir as dúas beiras e remozar a madeira.

Trátase dunha ponte peonil moi utilizada polos veciños sobre o río que atravesa a zona.

“Este acto vandálico supuxo unha importante transtornos para a veciñanza da zona e tamén implicou un gasto de cartos que non era necesario polo que queremos que a xente teña en conta o que supón este tipo de accións, que ao final se pagan cos cartos de todos”, explicou Requeijo.