Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Adamo informa mañá en Riotorto sobre o despregue de fibra óptica

Por 22 Decembro, 2022Sin comentarios

A escola de Órrea en Riotorto acolle mañá venres a presentación da implantación da rede fibra óptica na parroquia a cargo da empresa Adamo.

Esta sesión terá carácter informativo e estará en marcha dende as 17.000 horas. Dous representantes da empresa, Gimena Peña e Iván Ernau, dentro das axudas do Goberno central para a instalación de banda ancha no rural, explicarán o despregue da fibra óptica en toda a parroquia e os pasos a seguir así como solventará as dúbidas que se plantexen.

De feito, dentro do programa de desenvolvemento de internet no ámbito rural do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a empresa Adamo está a traballar en concellos da contorna e continúa a  ofertar os seus servizos en máis.

A fibra de Adamo está prevista que se complete por toda a provincia.