Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Vilalba contará con teatro e maxia esta fin de semana

Por 10 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba organiza dúas actividades esta fin de semana dentro da súa Programación de Nadal.

Tralo acendido das luces do martes, hoxe sábado, día 10, a vila énchese de maxia coa actuación do mago Dani Polo no auditorio a partir das 18:00 horas.

O galego trae ata Vilalba o seu espectáculo Euforia cunha posta en escena espectacular que permitirá descubrir o ilusionismo máis impactante e visual, sempre cun ritmo trepidante e cun estilo dinámico e elegante.

As entradas teñen un custe de 2 euros e poden adquirirse en: https://entradasvilalba.es/evento/maxia/euforia

Tamén será especial o domingo a actuación de A Croa dos Chairos dentro do Circuíto de teatro afeccionado da Deputación de Lugo.

O Auditorio de Vilalba acolle dende as 19:00 horas esta comedia sobre a historia do pobo Chairo que habita na Croa de Viladonga.

Segundo relata a sinopse da obra, é o ano 34 e os Chairos viven á marxe da expansión do cristianismo e dos cambios que acontecen por toda Europa, mesmo en lugares tan pretos deles como é a cidade de Lucus Augusti.

O espectáculo é de balde pero hai que sacar entradas previas tanto a través da web do Concello (https://www.vilalba.gal/) como na Casa da Cultura.