Skip to main content
Vilalba

A Fundación Hospital Asilo recibirá o total da subvención solicitada

Por 16 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba acolleu este xoves un pleno extraordinario no que se aprobou, por unanimidade, a alegación da Fundación Hospital Asilo polo recurte da súa subvención.

Esta entidade solicitaba 20.000 euros máis dos 10.000 que se concederon este ano amparándose nun convenio subscrito no ano 2017 polo que o Concello lles aportaría 30.000 euros ao ano.

No reparto das subvencións a colectivos do equipo de Goberno deste ano, a Fundación recibía 20.000 euros menos. Esta baixada foi debida a que o ano pasado se incrementou nesta mesma cantidade e o que se trataba era de poñer en orde as contas.

O equipo de Goberno ratificou esta medida “para non prexudicar ao resto de asociacións e non paralizar as axudas”, pero asegura que se revisará o convenio para tentar correxir esta situación.