Skip to main content
Vilalba

Mans Unidas recada este Nadal 2.158 euros co sorteo dunha cesta e outras accións

Por 27 Decembro, 2022Sin comentarios

Marisol García foi a gañadora da cesta que Mans Unidas comarcal de Vilalba sorteo o día 23 de decembro nunha acción coa que busca recadar fondos para financias os seus proxectos en activo. Nesta acción recadou un total de 2.158 euros.

Trátase dunha cesta con produtos galegas e de proximidade, doado por varias empresas da contorna entre as que se atopan Tres Fuciños, Representaciones Cabarcos, Champivil, Queixería Daniberto, Cuarto e Metade, Forxamel, Pingas de Gaia, Tres de Maio, Pastelería Ben, Bodegas Baamonde, Carpers, Entrepinares, Jamones e Embutidos Elote.es e outras persoas que prefiren manterse no anonimato. Tamén colabora Imprenta Júnior coa impresión das rifas e José Manuel Alonso Gaute, propietario do local.

A cesta estivo situada nun local da rúa José María Chao, no mesmo lugar onde se fixo o sorteo público.

Co recadado coa venda das rifas, as huchas e outras axudas nesta campaña Mans Unidas continuará cos seus proxectos. Uno deses proxectos é a formación integral e profesional de mocidade de la risco por violencia no Salvador e a mellora das condicións hixiénico-sanitarias do orfanato Rajahmundry, na India. Está previsto que estas axudas chegan a máis de dous millóns de persoas. Colaboraron tamén este ano os nenos de Primeira Comuón, que entregaron 200 euros

A primeira intervención beneficiará directamente a 265 mozos, na súa maioría mulleres, e indirectamente a 1250 máis. Nun país cunha grave problemática de violencia xuvenil, houbo recortes nas políticas sociais que deixaron fóra do sistema a mozos e adultos.

Na India atenden neste centro a uns 60 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos que malviven nas rúas recollendo lixo, como vendedores ambulantes, limpando zapatos ou traballando en tendas en xornadas de máis de 12 horas.