Skip to main content
Paradela

Continúan as actividades polo Bicentenario de Paradela

Por 21 Decembro, 2022Sin comentarios

O Pazo de San Roque de Santiago de Compostela acolleu a presentación das exposicións ‘Manuel Rodríguez López 2.0’ e ‘Paradela, senda infinita’.

A primeira mostra é unha nova edición da mostra sobre a vida e obra deste escritor de Paradela que conta cun novo deseño gráfico e contidos actualizados e reestruturados e a segunda repasa a historia do Concello de Paradela ao longo de 16 paneis con motivo da celebración do seu bicentenario.

Nesta presentación participaron Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Manuel Rodríguez López 2.0

A mostra forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez López, emprendido por GaliciaDigital, o Colectivo Egeria e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística), a Real Academia Galega e Endesa.

A exposición orixinal percorreu desde 2013 máis de 21.000 quilómetros, pasando por numerosas cidades e vilas galegas,  españolas e potuguesas. Esta nova mostra, posta en marcha este ano como parte das celebracións polos 200 anos do Concello de Paradela, percorreu este ano o Camiño Francés desde Pedrafita ata Santiago.

Está composta por doce paneis, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e foi ademais dun grandeanimador das actividades galegas nesta comunidade, o vínculo perfecto entre Galicia e os gallegos emigrantes en Cataluña.

Manuel Rodríguez López e tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e dá nome á Casa Municipal de Cultura e a un Certame Literario do que está en marcha a XXVIII edición.