Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAMondoñedo

Aberta a preinscrición da Concentración Mototurística Invernal de Galicia

Por 23 Xaneiro, 2023Xaneiro 24th, 2023Sin comentarios

O Moto Clube N-634 de Mondoñedo está a preparar xa a nova edición da súa Concentración Mototurística Invernal de Galicia.

Esta nova cita, que chega a súa trixésimo segunda edición, será os días 17, 18 e 19 de marzo. Xa está aberta a preinscrición por un prezo de 35 euros e inclúe etisco de benvida, caña de cervexa, pin, camiseta, trípticos de Mondoñedo, toro mecánico, sorteos, agasallos, cea do sábado, queimada, almorzo do domingo, picada no roteiro domingo e o xantar.

Tamén informaaron de que haberá un festival DJ o venres e o grupo Beatriz amenizará a xornada do sábado. Será un evento baixo carpa e con acampada no pavillón.