Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Lagoa, en Alfoz, celebrará os días 21 e 22 de xaneiro as festas na honra a San Vicente

Por 18 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A parroquia de Lagoa, en Alfoz, celebrará os días 21 e 22 de xaneiro as festas na honra a San Vicente de Lagoa. O sábado 21, ás 21.00 horas, terá lugar unha festa dos callos que contará con mesas, bancos e unha queimada popular gratuíta. Ademais a festa estará amenizada pola verbena Gran Parada.

O domingo 22, ás 13.00 horas, celebrarase a misa solemne seguida de procesión. Haberá tamén sesión de música co grupo Amado Lar e o Dúo Epo-k.

Esta festa está organizada pola comisión de festas de Lagoa, e colaboran a Asociación de Veciños San Vicente de Lagoa, o Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo.