Skip to main content
Alfoz

Esta fin de semana chega a Alfoz o espectáculo, ‘Cinema marabillas’

Por 26 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Alfoz invita a nenos e grandes a presenciar un espectáculo de narración oral e efectos audiovisuais que non os vai deixar indiferentes, Cinema marabillas: ver para ler, coa contadora Raquel Queizás

Esta cita cultural será o sábado 28 de xaneiro ás 18.30 horas no salón de actos da casa da cultura.

Cinema marabillas é un espectáculo audiovisual que nos achegará ás primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos, e nos libros clásicos da literatura. O cinema mudo como un recurso máis para narrar historias, onde aventura, humor, misterio, tenrura, maxia e fantasía están moi presentes… Porque o cinema, tamén se le.

Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, ou Polgariño serán protagonistas destas historias que se narran, que se escriben… e que se levaron ao cinema cando este arte aínda estaba nas súas orixes