Skip to main content
Ribadeo

A veciñanza de Ribadeo manifesta o seu malestar polo abandono do parque biosaudable de maiores

Por 1 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A veciñanza de Ribadeo volvea manifestar as súas queixas polo abandoono do parque biosaudable de maiores que hai no aparcadoiro público municipal. Segundo eles, “o mobiliario urbano de Ribadeo están desfeito”.

“Dende que o alcalde Fernando Suárez entrou no Concello, nunca se preocupou deles”, engadiron, mentras amosan a súa preocupación e “ven un perigo o seu estado”.

Xa en febreiro de 2022 o Partido Popular fíxose eco destas queixas e advertía que o Goberno local do BNG ten en “total abandono o parque biosaludable”, un exemplo máis da “falta de mantemento nos espazos públicos que é evidente no día a día”, dicía a vicevoceira popular Elena Sierra.

A popular subliña que “é un parque moi usado pola xente maior e, sen ir máis lonxe, a semana pasada un dos nosos veciños trasladounos as súas queixas por cortarse nun dos aparellos”. Nese sentido, considera que “é un perigo” porque “moitos aparellos están en pésimas condicións”.

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular agarda que o goberno local dispoña de seguro en vigor ante a posibilidade de que “suceda calquer accidente que pase dunha simple cortadura”.