Skip to main content
Ribadeo

O sábado terá lugar a XII Festa do Comercio de Ribadeo

Por 13 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado, 14 de xaneiro, terá lugar a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros premios. O sorteo, que tras a pandemia volve ser presencial, terá lugar na carpa instalada no parque de San Francisco.

Haberá cadeiras para acoller a 300 persoas no interior da carpa instalada no parque de San Francisco e o resto da xente poderá seguir o sorteo desde o exterior, xa que contarán con pantallas e con altofalantes para que todo mundo o siga do mellor xeito posible. Vai ser un sorteo rápido. O acto durará pouco máis dun cuarto de hora ou vinte minutos.

O xerente, Jesús Pérez, explicou que “os premios, que se repartirán son: un de 2.000 euros, un de 1.000 euros, un de 500 euros e dous de 250 euros. Un destes últimos premios (de 250 euros) será non presencial, e dicir, sortearase entre o total de rifas impresas. O resto de premios sortearanse entre os números que o dia 14 de xaneiro estean depositados na urna que estará situada na mesma carpa. Polo tanto é moi importante destacar que as rifas deben conservarse ata o 14 de xaneiro”.

Pérez Prada subliñou que “desde as cinco da tarde e ata as 20:30 horas na urna que haberá na carpa poderán depositarse as papeletas. Hai que botar a parte máis pequena e quedarse coa grande. Esas rifas deberán estar debidamente seladas por cada establecemento. Si se extrae unha rifa que non está selada, quedará inmediatamente invalidada, tal e como recollen as bases do sorteo. Temos que insistir en que a xente poderá depositar as papeletas ata as oito e media da tarde, despois a urna trasladarase ao escenario desde o que dará comezo o sorteo”.