Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzá

Os Reis Magos estarán no Concello laurentino

Por 4 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Os Reis Magos visitarán Lourenzá o xoves 5 de xaneiro. A súa comitiva sairá do recinto feiral ás 14.30 horas para percorrer as parroquias do municipio.

Logo percorrerá as rúas de Vilanova e recibirán ás nenas e nenos nos baixos do Concello a partires das 18.30 horas aproximadamente.

Estarán acompañados por membros da Asociación VespaFaba & Clásicos e pola música da Banda de Lourenzá. Tamén contarán coa colaboración de Caixa Rural, Eroski City e Gadis.