Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

Monforte acolle a actuación ‘Filipa cos contos’ da Campañía Bandullo Azul

Por 3 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O espectáculo teatral ‘Filipa cos contos’ da Compañía Bandullo Azul e no que actuará Fran Campos terá lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte o mércores ás 18.00 horas.

Esta actividade para público infantil encádrase dentro da programación de Nadal 2022-23 e consiste nunha sesión de contos tradicionais, populares e inventados. Con música e cancións en directo para contar e cantar.

Conta con dous narradores: o actor e contador, Fran Campos, e un monicreque que manexa o propio actor: Filipa. Entre os dous vanse repartindo as historias, relacionándose entre eles e ó mesmo tempo co público.

A representación teatral está deseñada para público familiar, con entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.