Skip to main content
Axenda CaducadaSober

Aínda quedan prazas para apuntarse ao curso de cociña gratuíto da Fundación Berlarmino Fernández Iglesias de Sober

Por 19 Xaneiro, 2023Xaneiro 20th, 2023Sin comentarios

O vindeiro luns, 23 de xaneiro, comeza o curso gratuíto de cociña para desempregados organizado pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias de Sober.

Con este curso, que terá un horario de 15.30 a 20.30 horas, os asistentes poderán conseguir o Certificado de Profesionalidade de nivel 2.

É totalmente subvencionado e conta con becas e axudas para o transporte, facilitando así aos asistentes a súa participación, que poderán facer prácticas no estranxeiro grazas ao programa Erasmus.

Aínda quedan prazas libre e os interesados poden apuntarse contactando coa Fundación a través do correo cpr.belarmino@edu.xunta.gal ou no número de teléfono 982 460 469.